Tarefa 3.- Obsolescencia Programda
¿É A OBSOLESCENCIA PROGRAMADA UNHA TRAMPA?
Que é a Obsolescenia Programada?
A obsolescencia programada é a vida útil que lle da una fábrica ou unha empresa a un produto, cando pase este período de vida útil, o produto vaise volver obsoleto, é dicir, inútil.
Esto creouse para que o consumidor se vise obligado a adquirir un produto novo, igual ou similar. A maioría dos produtos están “programados para morrer”, e moitas veces, cando estes dispositivos morren é máis económico adquirir un producto novo que reparar o que xa temos.
Isto é usado polas empresas, para lucrarse dos seus compradores e aproveitarse da falta que fan estes produtos. Pero pola outra banda, tamén temos que pensar que esta compra contínua de produtos fai que as empresas se esforzen máis en mellorar os seus produtos, crea competitividade.
A obsolescencia programada asegura unha gran demanda, polo tanto, as empresas teñen maiores beneficios e unha oferta continuada. Isto inflúe en gran maneira ao deserrolo da economía e da sociedade.
- Exemplos de empresas da obsolescencia programada
Hoxe en día, case todas as empresas do mundo seguen esta corrente para poder obter maiores beneficios, creándolles necesidades aos seus cosumidores. Algúns exemplos de empresas con obsolescencia programada son apple, samsung, sony, etc.
Todas estas empresas que seguen a filosofía da obsolescencia programada, son grandes empresas que obteñen unhas cantidades de diñeiro moi elevadas. Pero se o pensamos ben, isto tampouco é malo, xa que estas empresas teñen moitísimos traballadores, polo q pagánlle os salarios a moitísima xente.
- Historia da obsolescencia programada
Esta idea foi creada a partir do Cártel Phoebus, un tratado firmado co fin de controlar a produción e a venda de bombillas coa axuda dalgunhas grandes empresas. Acordaron reducir a vida útil das súas bombillas para subir as ventas. Así, a bombilla de Edison de 1879 tiña unha vida útil media de 2.500 horas, polo contario en 1925 só duraba 1.000 horas.
E hoxe en día, continúa esta política non escrita que teñen todas as empresas de darlle menos vida útil do que elas poderían aos seus produtos, para facer que os consumidores teñan que repoñer os seus produtos cada pouco tempo.
Pero tamén, temos que pensar que isto favorece a que a economía se regule por sí mesma, xa que se as empresas non vendesen os seus produtos, non obterían ingresos e non poderían comprarlle produtos a outras empresas. Polo que non habería diñeiro en circulación e non podería funcionar a Economía.
E isto sucede con moitísimos tipos de produtos que podamos mercar, como acontece cos teléfonos móviles, os automóviles, os electrodomésticos, etc.
- Tipos de obsolescencia programada
Segundo os expetos, hai tres tipos de obsolescencia programada:
1. Obsolescencia de función. Dase cando un produto sustitue a outro pola sua funcionalidade superior.
2. Obsolescencia de calidade. Dase cando o produto vólvese obsoleto por un mal funcionamento programado.
3. Obsolescencia de deseo.
Ocorre cando o produto, aínda sendo completamente funcional e non
habendo sustituto mellor, deixa de ser deseado polas cuestións de moda
ou de estilo, e se lle asignan valores peiorativos que disminuen o seu
desexo de compra e animan á súa sustitución.
- Desvantaxes da obsolescencia programada
Esta conspiración económica, ao ser feita para a compra constante de produtos, impulsa a un gran desgaste medioambiental, debido á maior fabricación de produtos e á expulsión de sustancias nocivas ao medio.
Outra desvantaxe sería o aumento dos gastos da xente, porque ao ter que comprar produtos nunha menor cantidade de tempo, a xente ten queinvertir máis nestes produtos.
- Vantaxes da obsolescencia programada
Se o pensamos con criterio, en realidade a obsolescencia programada non é tan mala para a nosa sociedade. Debido a que isto, reforza o fluxo circular da Economía e impulsa a investigación tecnolóxica e a mellora dos produtos.
Por outra parte, a obsolescencia programadada tamén favorece á competitividade entre as empresas e así estas esfórzanse por mellorar os seus produtos.
Finalmente, deixo un link cun vídeo sobre a historia da obsolescencia programada e como funciona.
Vídeo sobre a obsolescencia programada (2:20)
Webgrafía:
Comentarios
Publicar un comentario